#SeguimosAdiante
Xornadas de Dinamización empresarial
Porque a Galicia que queremos construímola entre tod@s
Que son as Xornadas de Dinamización Empresarial?
As xornadas de dinamización empresarial destínanse a pemes, autónomos, confederacións de empresarios, clústeres tecnolóxicos e tamén ao persoal técnico das distintas administracións públicas.
Obxectivos
Dar a coñecer as claves normativas deseñadas pola Xunta de Galicia para a reactivación económica e as medidas organizativas previstas para a dinamización do sector empresarial.
Quérese poñer en valor o papel fundamental que corresponde á iniciativa Concellos Emprendedores e abordar as vantaxes e solucións que se poden conseguir a través da Lei de Simplificación Administrativa e a Lei de Áreas Empresariais.
Trátase tamén de conseguir:
- Despexar dúbidas sobre a normativa de aplicación, a integración dos informes na tramitación administrativa local e as responsabilidades dos concelleiros e técnicos municipais.
- Dar a coñecer a figura da Certificación de Conformidade Municipal, as súas vantaxes e a experiencia acumulada noutros concellos.
- Divulgar o contido e potencialidades para empresas e administracións da Oficina Galicia Empresa.
Inscrición
Apúntate ás xornadas que se celebrarán o martes, 29 de novembro de 2022, no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia (Sala Obradoiro)
A inscrición é gratuita e o aforo limitado.
Realiza agora a túa reserva de praza:
Toda a información sobre as xornadas
Coñece os horarios, exposicións e poñentes.